top of page

"DEIXAAS" es lo nuevo de MERCEDES PEÓN

O novo disco de Mercedes Peón sae á venda cunha expectación sen precedentes. Tras o prelanzamento dos singles "Plataforma" e "Deixaas", e o alcance masivo da peza audiovisual que acompaña ao último tema, rodada nuns célebres asteleiros, dan unha dimensión nunca antes explorada pola artista. Mercedes Peón racha clichés estéticos e musicais, dá un paso máis na súa carreira e lévanos á evolución natural e contemporánea da súa música: mestizaxe entre industria e artesanía, vangarda e tradición entretecidas. É difícil atopar artistas similares no mundo que igualen a cima musical, estética e conceptual acadada por Mercedes Peón en DEIXAAS.

A xira de DEIXAAS arranca cun espectáculo deseñado especialmente para o 13 de maio no Auditorio de Ferrol, cunha peza de videoarte que será estreada en primicia neste primeiro concerto. O 19 de maio Mercedes Peón estreará o seu espectáculo no Auditorio do C.C. Conde Duque (Festival LaborArte18), de Madrid. As datas dos seus próximos concertos serán incorporadas aos seus perfís sociais e páxina web.




Altafonte-Boa Música

bottom of page