top of page

RODRIGO ROMANÍ presenta FIOS DE OURO NO AR (en formato trío)

Rodrigo Romaní presenta o seu cuarto traballo discográfico esta vez en formato de trío xunto con Bea Martínez e Xulia Feixoo, duas excelentes intérpretes do panorama do novo folk galego. "Fios de ouro no ar” é un álbum concebido para recrear un xogo sónico de luzes e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da musica popular vertebra un producto inconfundiblemente galego.

O resultado revela un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, ou o acompañamento elegante dun dos mellores cuartetos clásicos de corda de Galicia, o Cuarterto Novecento. A eles xúntanse as voces invitadas de Inés Lorenzo (As Arpas de Breogán) e Guillerme Ignacio (Quempallou) FIOS DE OURO NO AR tamén está dispoñible en formato CD DIGIPACK nas mellores tendas de discos

Altafonte-Boa

bottom of page